Filiación e asociados

¡A todas as comunidades de montes de Galicia!

A Organización Galega de Comunidades de Montes quere ser a entidade que xunte a todas as comunidades de montes de Galicia. A xestión, administración e defensa do noso monte veciñal ten tal cantidade de problemas (económicos, xurídicos, administrativos…) que con moita frecuencia exceden a capacidade de traballo da xunta rectora dunha comunidade de montes. Soamente asociándonos temos a posibilidade de superar con éxito todas as dificultades e de defender axeitadamente unha propiedade colectiva que nos foi legada polos nosos antepasados e que é a mellor garantía dunha mellor calidade de vida no futuro.

¡Que ninguén quede fóra! ¡Todas as Comunidades debemos xuntarnos! Ricas ou pobres, grandes ou pequenas, con madeira ou sen ela, de lugar ou de parroquia… todas debemos tratar os nosos problemas na Organización e buscar entre todos, co asesoramento de expertos, as solucións máis adecuadas ó monte veciñal.

Requisitos para pertencer á Organización Galega de Comunidades de Montes:

1- Solicitude escrita da Xunta Rectora da comunidade de montes dirixida á Presidencia da Organización.

2- Copia do acordo, tomado en Asemblea Xeral, de integración na Organización.

3- Pagamento da cuota anual.

A Asemblea Xeral celebrada o pasado 27 de marzo en Guitiriz (Lugo), aprobou, para o presente ano 2004, manter a cota de 120 €, a aboar na conta nº:

2080/0072/70/0040006299

CaixaNova, sucursal de Sabarís, Baiona (Pontevedra).

Aquelas comunidades de montes que, polos seus escasos recursos económicos, lles sexa moi gravoso aboar a cuota, poden solicitar a exención temporal (artigo 16 dos estatutos) en carta dirixida á Organización, explicando a situación económica da comunidade.

Para máis información, chamar ó Presidente, Xosé Pereira, tel. 986.35.42.48 ou ó Responsable de Comunicación Interna, Carlos Morgade, tel. 986.84.40.07.

SOLICITUDE DE INTEGRACIÓN

MODELO DE SOLICITUDE

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de ……………………………………………………………………………..,

Parroquia de …………………………………………………………………………………………………………………………….,

Concello de ……………………………………………………………………………………………………………………………..,

Con Enderezo en ………………………………………………………………………………………………………………………,

Código Postal ………………………, Provincia de ……………………………………………………………………………….,

en xuntanza celebrada o día ………………………………..,

Acordou solicitar a integración da nosa Comunidade na Organización Galega de Comunidades de Montes, sen prexuizo de que o acorda de integración sexa ratificado na próxima Asemblea Xeral da Comunidade.

Asinado, O PRESIDENTE

Nome e Apelidos: ……………………………………………………………………………………………………………………..,

Enderezo: …………………………………………………………., D.N.I. …………………….., Tfo.: ………………………….,