Fitos históricos

Fitos históricos no andar das comunidades de montes:

Primeiros anos da década de 1970.- En diversas parroquias de Galiza os veciños comezan a recramar a devolución da titularidade dos montes veciñais.

1977.- Nace en Pontevedra a Coordenadora de Montes Comunais co obxetivo de defender os montes e solicitar a súa devolución ós veciños.

Primeiros anos 80.- Devolución da maioría dos montes veciñais en man común ós seis lexítimos donos e formación das primeiras comunidades de montes.

1989.- Criación da Coordenadora de Montes de Galicia co obxetivo de impedir que a aprobación do proxecto de Lei de Montes Veciñais en Man Común non contribuia á destrucción da propiedade veciñal.Comuneir@s

1992.- Legalízase a Mancomunidade do Val Miñor, primeira Mancomunidade de montes veciñais constituida en Galiza.

Decembro 1996.- As Mancomunidades de montes do Morrazo, Val Miñor e Vigo constitúen a comisión organizadora do I Congreso Galego de Comunidades de Montes.

Maio 1997.- Celébrase o I Congreso Galego de Comunidades de Montes no Mosteiro de Poio coa asistenza de 140 comunidades de montes.

Decembro 1998.- Na Lei de acompañamento dos Presupostos Xerais do Estado apróbase a inclusión das comunidades de montes no Imposto de Sociedades.

Xaneiro 1999.- Celébrase en Vigo a Asemblea Constituinte da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Febreiro 2000.- Percorre Santiago a I Manifestación de comunidades de montes fronte a aplicación do sistema tributario do Imposto de Sociedades ó monte veciñal.

Setembro 2001.- As comunidades de montes celabran a II Manifestación contra o Imposto de Sociedades, recramando un sistema tributario especial para o monte veciñal que recoñeza a súa singularidade e as tres funcións que desenrola.

Xuño 2002.- Celébrase o II Congreso Galego de Comunidades de Montes no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Novembro 2003.- Apróbase a Lei estatal de Montes.

Xuño 2006.- III Congreso Galego de Comunidades de Montes no Pazo da Cultura de Caldas de Reis.
2008-2009.- Debates sobre a Lei estatal de Montes do Goberno bipartito.
Maio 2010.- IV Congreso Galego de Comunidades de Montes no Pazo da Cultura do Carballiño.