Quen somos

Veciñanza anos 40

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM) é unha Asociación composta exclusivamente de comunidades de montes e ao servicio delas. Pretende ser a voz dos comuneiros e comuneiras galegos en todos os temas que atinxan ós montes veciñais en man común.

Os montes veciñais en man común:

Son terreos de titularidade colectiva comunitaria. A súa propiedade atribúese á comunidade veciñal, independentemente dos membros que a formen en cada intre. A veciñanza é a única condición para ser copartícipe dos dereitos sobre estas terras, que non poden ser transmitidas individualmente.

Conforman unha propiedade de carácter xermánico, con ausencia de cotas e, xa que logo, inalienabel, indivisibel, imprescriptibel e inembargabel.

Constitúen espazos xeográficos que deben cumprir, para un uso sostibel, as tres funcións tradicionais (social, ecolóxica e produtiva) de xeito compatibel e integrador.

Existen unhas 2.900 comunidades de montes, exténdese por 248 dos 316 Concellos de Galiza ocupando un 25% do territorio galego aproximadamente.

As Comunidades de Montes

Están constituidas pola veciñanza comuneira reunida en Asemblea Xeral, decideindo democraticamente a xestión e administración dos seus montes. Só á veciñanza comuneira corresponde a decisión sobre os usos e aproveitamentos destas propiedades, sen interferencias alleas.