Acerca de organizacion galega de montes

A organización colectiva das comunidades de montes, ten como obxectivo a xestión do monte, fomentar a participación da veciñanza en todas as decisións que se tomen e, a través de prácticas participativas, promocionar os valores democráticos e de responsabilidade mutua co propósito de xerar unha veciñanza plenamente capaz e dinamizadora da súa vitalidade social.

Xornadas de montes en Gondomar

O sábado 18 de abril no Centro Neural de Gondomar terán lugar as VII Xornadas de Montes. Organzia a mancomunidade de Montes do Val Miñor, colabora a ORGACCMM.

VII XORNADAS MANCO-v4

PROGRAMA 16:30 h – Presentación a cargo de Latino Rodriguez Presidente da Mancomunidade de Montes do Val Miñor. 16:45 h- “A produción de resina”: Venancio Miniño Enxeñeiro forestal e presidente da comunidade de montes de Mougás . 17:30 h- “Uso social dos montes veciñais”: Claudio Quintillán Presidente da mancomunidade de montes do Castrove. 18:15 h – Descanso 18:45 h- “A vespa velutina: ameaza para a producción de mel e da biodiversidade”: Jose Fernandez Asociación Galega de Apicultura, 19:30 h – Mesa redonda coa participación dos poñentes. 20:30 h- Peche Xornadas a cargo de Xose Alfredo Pereira Presidente da Orgaccmm.

Podes descargar o cartel aquí.

 

 

A ORGACCMM debate sobre a lei estatal de montes

Celebrouse en Pontevedra a Comisión para debater a proposta de modificación da lei estatal de montes.

Un debate absurdo e farragoso pois era preciso ter tres textos diferentes na man para falar dunha modificación, a ley 43-2003, a reforma de 2006 e a proposta de modificación 2014. A metade do debata todos estabamos perdidos. Iso será o que pretendían con esta reforma, o quitar as ganas de entendela?.

Como é posible tanta reforma?. Unha lei de montes estatal debería ter unha vixencia de 100 anos mínimo, algo falla, ou as leis son moi malas ou son moi malos os xestores.

A proposta de lei é altamente regresiva, si houbo algún avance nas anteriores, nesta elimínanse, como por exemplo:

Cualifica aos montes veciñais como privados quitándolles a súa clasificación peculiar.

Elimina a cualificación de política dos montes reducíndoa a política forestal.lei

Promove a desaparición de terras agrarias permitindo cultivos enerxéticos nas mesmas e converténdoas por iso en “monte”.

Promove a recentralización da política do monte, eliminando consellos consultores do estado e creando órganos de “coordinación” que quitan competencias autonómicas. Eliminan os órganos medioambientais dos consellos consultivos.

Elinina a participación cidadá e sectorial.

Elimina as autorizacións de corta en cultivos forestais, xa nin sequera manteñen as formas.

Promove o uso dos montes logo dos incendios para fins alleos ao monte.

Promove a entrada de vehículos a motor no monte por defecto, cando por agora por defecto está prohibido.

Deixa sen capacidade aos axentes forestais.

En xeral, unha modifiación lesiva, unha vez máis, para o monte galego.

 

Europa devolve o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020) á Xunta

A Comisión Europeia de Agricultura ven de devolver o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020), presentado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar. Os argumentos esgrimidos para esta devolución, son relativos ao xeito de elaboralo e ao contido do Programa.

Proceso de elaboración. A Consellaria do Medio Rural e do Mar, elaborou o Pograma de Desenvolvemento Rural 2014/2020, documento, sen:

Informar dos criterios polos que se seleccionaron os membro do chamado Comité de Socios . – Contemplar a divulgación oportuna, nin o acceso a información relevante, nin o tempo para que os socios puideran analizar e comentar os documentos preparatorios, nin as canles dispoñibles para facer preguntas, nin, cales das observacións se tiveron en conta.

Acompañar a listaxe dos axentes territoriais e sectorIais que participaron na elaboración do Programa .

Incluír a listaxe de actividades futuras nas que deban participar os interlocutores sectorIais para que, trás aprobar o Programa, mellorar a súa execución.

Contido do Programa. A Comisión Europea de Agricultura devolveu o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, porque a Consellaría do Medio Rural e do Mar, elaborouno :

Priorizando as diversas Administracións Públicas nas axudas de todas as medidas (agrogandeiras, servizos básicos as populacións, monte )

Contemplando so criterios económicos para as concesións das axudas.

-Non dando respostas para as concentracións das terras, cando existe o Banco de Terras e existían as Unidades de Xestión Forestal .

Considerando as plantacións de eucalipto como de grande valor natural e as especies de crecemento rápido como cultivos enerxéticos.

Chamando restauracións dos hábitats a forestacións encubertas

Ademais de que, ao respecto da Consellaría do Medio Rural do goberno bipartito, o orzamento do Programa de Desenvolvemento Rural, redúcese en 302 millóns de euros, a xestión antidemocrática e impresentable da actual Consellaría, vai significar, na práctica, que ate ben entrado o ano 2016 non se porá en marcha o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, coas consecuencias negativas para o rural galego.

A Alianza Rural para un medio rural galego vivo (Adega, CIG,FRUGA e ORGCCMM), entende que esta situación debe ser coñecida pola sociedade galega e debatida nas asembleas xerais dos distintos Grupos de Desenvolvemento Rural existentes na nosa nación. Mais, como tamén entendemos que a cuestión é un tema de país, estamos a manter xuntanzas cos grupos políticos do parlamento galego para transladarlles esta preocupación e que esixan responsabilidades na cámara.

Reforma da Lei de montes do Estado

O Consello de Ministros aprobou a reforma da Lei de montes que busca simplificar a xestión forestal. A lei regula figuras novas e outras novidades: os terreos queimados poderán cambiar de uso de forma excepcional para evitar que os incendios intencionados impidan actuacións de interese xeral.

A reforma, unha vez máis, non contempla os montes veciñais ademais de incluir modificacións que empeoran a nosa situación.

É por iso que compre revisar o articulao para poder presentar alegacións. A Xunta reitora da ORGACCMM fará unha xoirnada para a revisión da mesa e preparción de alegacións.

Para poder consultar a documentación, fixemos unha recompilación coas leis 2003, 2006 e modificación 2015, que podes descargar aquí.

En apoio á manifestación en defensa do galego

asfillasQueremos Galego prevé unha manifestación masiva a favor do galego o 8 de febreiro.

A ORGACCMM decidiu o apoio á manifestación baixo o lema O MONTE COA LINGUA GALEGA. A lingua, igual que os montes veciñais, forman parte do noso patrimonio. Igual que os petróglifos que están no monte, igual que os carballos, castiñeiros, freixos, que as abrótegas, o dentabrú, os mentrastes, o rabisaco, a raposa, o furaño, o buxato, a saramela, e todo ser vivinte que habita os montes.

O medio ambiente que nos rodea configurou o xeito de comprender o mundo, de falar e de nomealo. Por iso a veciñanza comuneira debemos defender o noso porque é o futuro.

O 8 de febreiro a Compostela, en defensa do idioma.

En apoio da convocatoria do 22N

imxA CIG apoia a manifestación en defensa dos Montes en Man Común do vindeiro sábado 22 en Compostela

A Mancomunidade de Montes de Vigo fleta buses para a manifestación do sábado en Santiago

Nota de prensa: Convocan unha manifestación para el 22 de novembro para que a Xunta condone “falsas débedas” a montes veciñaies

Sermos Galiza: “Comuneir@s acusan a Xunta de poñer o monte veciñal “en mans de xestores privados”