Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos invasores deberían erradicarse

Características que fan aos eucaliptos nocivos para o medio natural

O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico “nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan”. Eis algunhas das razóns:

  • Provocan o empobrecimento das cadeas tróficas, pola dificultade da descomposición das follas, o que inibe a incorporación de materia orgánica ao solo e a mineralizacfión do nitóxeno.
  • Alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo, en maior medida que os lumes en bosques autóctonos de carballos; e diminúen o balanzo hídrico do chan.
  • Amosan actividade allopática, dificultando a xerminación e o crecemento doutars especies.
  • Provocan perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, aumentando o risco de instalación doutras invasoras. Supoñen tamén unha fragmentación dos ecosistemas naturais.
  • Colonizan espazos abertos, desprazando ás colonizadoras autóctonas, sobre todo despois dos lumes, o que fai que actúen como as “malas herbas”.
  • Son difíciles de erradicar, polo que o seu control supón un alto custo para a economía.
  • Teñen un elevado risco de lumes pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ao eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar.
  • Favorecen a introdución de especies asociadas, insectos e fungos, que desprazan ás autóctonas.

Xa que logo, o Comité conclúe que “calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando sa súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización.

Información ADEGA

Informe Comité Científico