Vespa do castiñeiro: detección e prevención

A vespa do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus) é unha especie de insecto teliotoca, é dicir, que produce só femias por partenoxénese obrigada (con capacidade do óvulo de desenvolverse sen ter sido fecundado pelo gameto masculino). é por iso que só se coñecen femias nas súas poboacións (os machpragacast3os nunca se detectaron). A femia mide 2-2,5 mm e presenta cabeza, tórax e abdome negro, mentres as patas son de cor avermellada-marrón a excepción do último artello tarsal, que é marrón escuro. As antenas son filiformes e están formadas por 14 antenómeros dos cales os 3 primeiros son ocráceos e os restantes marróns que se van escurecendo progresivamente cara ao ápice. As ás anteriores presentan unha veación reducida na que só destacan a vena subcostal e a radial. O abdome é redondeado e está provisto dun ovipositor filiforme por medio do cal a femia introduce os ovos nas xemas.

Os ovos son ovais, de cor branca-cremosa, miden 0,1-0,2 mm de lonxitude e teñen un longo pedúnculo. A larva é do mesma cor, carece de ollos e patas e mide 2,5 mm de lonxitude no seu máximo desenvolvemento. A pupa é de cor marrón escuro ou negro.

Ppresenta un ciclo univoltino. As femias fan a posta en grupos de 3 a 5 ovos no interior das xemas. Cada femia pode poñer máis de 100 ovos ao longo dos seus 10 días de vida. Debido a que varias femias poden poñer na mesma xema, unha soa destas pode albergar ata 25 ovos. A eclosión prodúcese nuns 40 días e o desenvolvemento da larva de primeiro estadío é extremadamente lento, cubrindo o outono e o inverno. Na primavera, antes do inicio da actividade vexetativa do castiñeiro, prodúcese a formación de agallas en 7-14 días. As larvas aliméntanse durante 20-30 días antes de pupar.

Dependendo da localidade (altitude, exposición) e do cultivar de castiñeiro, a pupación sucede entre mediados de maio e mediados de xullo e os adultos emergen entre o final de maio e o final de xullo.

Como consecuencia do seu ataque fórmanse as características agallas. Son de cor verde a avermellado, e poden aparecer en xemas, follas e amentos masculinos. O número por planta é moi variable, o cal débese, por unha banda, á diferente sensibilidade da árbore que foi observada nos diferentes cultivares euro-xaponeses e, por outro, ao momento máis ou menos recente de chegada do parasito á zona.

O díptico que distribúe a Xunta pode ser descargado aquí: 1 e 2

Máis información.