A ORGACCMM debate sobre a lei estatal de montes

Celebrouse en Pontevedra a Comisión para debater a proposta de modificación da lei estatal de montes.

Un debate absurdo e farragoso pois era preciso ter tres textos diferentes na man para falar dunha modificación, a ley 43-2003, a reforma de 2006 e a proposta de modificación 2014. A metade do debata todos estabamos perdidos. Iso será o que pretendían con esta reforma, o quitar as ganas de entendela?.

Como é posible tanta reforma?. Unha lei de montes estatal debería ter unha vixencia de 100 anos mínimo, algo falla, ou as leis son moi malas ou son moi malos os xestores.

A proposta de lei é altamente regresiva, si houbo algún avance nas anteriores, nesta elimínanse, como por exemplo:

Cualifica aos montes veciñais como privados quitándolles a súa clasificación peculiar.

Elimina a cualificación de política dos montes reducíndoa a política forestal.lei

Promove a desaparición de terras agrarias permitindo cultivos enerxéticos nas mesmas e converténdoas por iso en “monte”.

Promove a recentralización da política do monte, eliminando consellos consultores do estado e creando órganos de “coordinación” que quitan competencias autonómicas. Eliminan os órganos medioambientais dos consellos consultivos.

Elinina a participación cidadá e sectorial.

Elimina as autorizacións de corta en cultivos forestais, xa nin sequera manteñen as formas.

Promove o uso dos montes logo dos incendios para fins alleos ao monte.

Promove a entrada de vehículos a motor no monte por defecto, cando por agora por defecto está prohibido.

Deixa sen capacidade aos axentes forestais.

En xeral, unha modifiación lesiva, unha vez máis, para o monte galego.