Europa devolve o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020) á Xunta

A Comisión Europeia de Agricultura ven de devolver o Programa de Desenvolvemento Rural (2014/2020), presentado pola Consellaria do Medio Rural e do Mar. Os argumentos esgrimidos para esta devolución, son relativos ao xeito de elaboralo e ao contido do Programa.

Proceso de elaboración. A Consellaria do Medio Rural e do Mar, elaborou o Pograma de Desenvolvemento Rural 2014/2020, documento, sen:

Informar dos criterios polos que se seleccionaron os membro do chamado Comité de Socios . – Contemplar a divulgación oportuna, nin o acceso a información relevante, nin o tempo para que os socios puideran analizar e comentar os documentos preparatorios, nin as canles dispoñibles para facer preguntas, nin, cales das observacións se tiveron en conta.

Acompañar a listaxe dos axentes territoriais e sectorIais que participaron na elaboración do Programa .

Incluír a listaxe de actividades futuras nas que deban participar os interlocutores sectorIais para que, trás aprobar o Programa, mellorar a súa execución.

Contido do Programa. A Comisión Europea de Agricultura devolveu o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, porque a Consellaría do Medio Rural e do Mar, elaborouno :

Priorizando as diversas Administracións Públicas nas axudas de todas as medidas (agrogandeiras, servizos básicos as populacións, monte )

Contemplando so criterios económicos para as concesións das axudas.

-Non dando respostas para as concentracións das terras, cando existe o Banco de Terras e existían as Unidades de Xestión Forestal .

Considerando as plantacións de eucalipto como de grande valor natural e as especies de crecemento rápido como cultivos enerxéticos.

Chamando restauracións dos hábitats a forestacións encubertas

Ademais de que, ao respecto da Consellaría do Medio Rural do goberno bipartito, o orzamento do Programa de Desenvolvemento Rural, redúcese en 302 millóns de euros, a xestión antidemocrática e impresentable da actual Consellaría, vai significar, na práctica, que ate ben entrado o ano 2016 non se porá en marcha o Programa de Desenvolvemento Rural 2014/2020, coas consecuencias negativas para o rural galego.

A Alianza Rural para un medio rural galego vivo (Adega, CIG,FRUGA e ORGCCMM), entende que esta situación debe ser coñecida pola sociedade galega e debatida nas asembleas xerais dos distintos Grupos de Desenvolvemento Rural existentes na nosa nación. Mais, como tamén entendemos que a cuestión é un tema de país, estamos a manter xuntanzas cos grupos políticos do parlamento galego para transladarlles esta preocupación e que esixan responsabilidades na cámara.