En apoio á manifestación en defensa do galego

asfillasQueremos Galego prevé unha manifestación masiva a favor do galego o 8 de febreiro.

A ORGACCMM decidiu o apoio á manifestación baixo o lema O MONTE COA LINGUA GALEGA. A lingua, igual que os montes veciñais, forman parte do noso patrimonio. Igual que os petróglifos que están no monte, igual que os carballos, castiñeiros, freixos, que as abrótegas, o dentabrú, os mentrastes, o rabisaco, a raposa, o furaño, o buxato, a saramela, e todo ser vivinte que habita os montes.

O medio ambiente que nos rodea configurou o xeito de comprender o mundo, de falar e de nomealo. Por iso a veciñanza comuneira debemos defender o noso porque é o futuro.

O 8 de febreiro a Compostela, en defensa do idioma.